Crónica

Reportaxes monográficas

Teresa Duran - Busquem l'essència

Subtítulos opcionais: castelán, galego
A escritora, ilustradora e tradutora Teresa Duran reivindica a importancia da literatura de tradición oral e da literatura infantil, e aconsella que “para aprender a ler e a escribir ben, cómpre saber escoitar ben”. Como investigadora e especialista en LIX, tamén nos revela curiosas anécdotas sobre a orixe de contos clásicos como Os tres porquiños ou Cincenta, con respecto ás adaptacións que foron trascendendo. Ademais, entre as grandes figuras da literatura, Roald Dahl e Stevenson son algúns dos seus referentes; e canda eles, o galego Xavier Docampo. 

Enlaces de interese:
Páxina de Teresa Duran na web da Associació d'Escriptors en Llengua Catalana 

Especial Página 2 - Parte 3

Nesta terceira e derradeira parte da entrevista co director e presentador de Página Dos, Óscar López explica os criterios do programa para escoller as obras incluídas na sección de recomendacións, tendo moi en conta a variedade e, sobre todo, a calidade das publicacións. Tamén fala do paso polo programa de importantes figuras do panorama literario ao longo destes once anos e, ademais, reflexiona sobre como vive o seu propio traballo. 

Enlaces de interese:
Páxina do programa Página 2 na web de RTVE
Páxina de Óscar López na web de RTVE