Crónica

Reportaxes monográficas

Versos e viceversos

Versos e viceversos é un diálogo entre dous poetas, o galego Antonio García Teijeiro e o andaluz Juan Carlos Martín Ramos, no que o amor pola poesía e pola lectura son os temas principais, e onde o mar ten un gran protagonismo. Ambos poñen en valor a musicalización dos seus versos, na voz de Lurdes Sánchez, e coinciden no seu desexo compartido de que Juan Ramón Alonso fose o ilustrador desta obra, completando así o intercambio literario e artístico.

Enlaces de interese:

Versos e viceversos no catálogo de Kalandraka 

Blog-revista de Antonio García Teijeiro

BATA - 30 anos imaxinando futuros

BATA é unha asociación situada en Vilagarcía de Arousa que leva 30 anos traballando para mellorar a calidade de vida das persoas con trastorno do espectro autista e das súas familias. Visitamos as súas instalacións para coñecer os múltiples servizos que realiza e conversamos cos seus profesionais sobre a importancia dos pictogramas no día a día dos usuarios e usuarias. Dende BATA salientan os libros da colección Makakiños, adaptados a este sistema alternativo de comunicación, para que todas as persoas poidan acceder á lectura, sen barreiras.

Enlaces de interese:
Web de BATA

Colección MAKAKIÑOS no catálogo de Kalandraka