Unha longa viaxe

Subtítulos opcionais: galego
Neste programa da sección Libros para soñar presentamos Unha longa viaxe, escrito por Daniel H. Chambers e ilustrado por Federico Delicado. Esta é a dura historia de dúas viaxes paralelas que se entrelazan, protagonizadas por unha gansa e a súa cría que emigran cara ao sur e por unha familia que foxe da guerra cara ao norte. Unha obra necesaria que reflicte o drama dos refuxiados, un conflito tan presente e actual.

Enlaces de interese:
Unha longa viaxe no catálogo de «Libros para soñar»
Ficha de Daniel H. Chambers
Ficha de Federico Delicado