Libros para soñar

Lecturas destacadas

Cándido e os demais

A lectura destacada neste programa é Cándido e os demais, a obra gañadora do XI Premio Internacional Compostela. Esta historia circular, escrita por Fran Pintadera e ilustrada por Christian Inaraja, trata sobre a diversidade a través das vivencias dun personaxe distinto... ou non tanto!

Enlaces de interese:
Cándido e os demais no catálogo de «Libros para soñar»
Web de Fran Pintadera
Web de Christian Inaraja 

Un, dous, tres vampiro ti es - Os esqueletos divertidos

Recomendamos dúas obras de medo e de risa que son perfectas para os máis pequenos no tempo do Samaín. Un, dous, tres, vampiro ti es, de Nadia Budde, preséntanos -a través da rima- unha serie de arrepiantes e simpáticos personaxes que trazan un xogo encadeado. Ademais, Os esqueletos divertidos, un clásico de Janet e Allan Ahlberg, conta as peripecias de tres esqueletos que aproveitan un paseo nocturno para asustar xente.

Enlaces de interese:

Un, dous, tres, vampiro ti es no catálogo de «Libros para soñar»

Os  esqueletos divertidos no catálogo de «Libros para soñar»