Libros para soñar

Lecturas destacadas

Colección Adela Turin

Nos anos 70 do século pasado, a escritora Adela Turin e a ilustradora Nella Bosnia comezaron a publicar en Italia a colección «Dalla parte delle bambine», que en España foi editada pouco despois por Esther Tusquets co lema «A favor de las niñas». Artur e Clementina, Rosa Caramelo, A historia dos bonobos con lentes e Unha feliz catástrofe forman parte desta serie tan necesaria, recuperada por KALANDRAKA en todas as linguas peninsulares para pór en valor o rol feminino, erradicar os estereotipos sexistas e a discriminación, cambiar mentalidades e construírmos un mundo mellor.

Enlaces de interese:
Ficha de Adela Turin
Ficha de Nella Bosnia 
Rosa Caramelo no catálogo de «Libros para soñar»
Artur e Clementina no catálogo de «Libros para soñar»
A historia dos bonobos con lentes no catálogo de «Libros para soñar»
Unha feliz catástrofe no catálogo de «Libros para soñar»


O segredo de Avó Oso

A nosa lectura destacada para estes fríos días de inverno é O segredo de Avó Oso, unha fermosa obra con texto de Pedro Mañas e ilustracións de Zuzanna Celej. Nela, Mamá Corvo atópase no bosque con Avó Oso, que interrompeu o seu letargo invernal, incapaz de lembrar onde agochou un segredo que parece non estar en ningures.

Enlaces de interese:
O segredo de Avó Oso no catálogo de «Libros para soñar»
Páxina web de Pedro Mañas
Páxina web de Zuzanna Celej