Libros para soñar

Lecturas destacadas

O segredo de Avó Oso

A nosa lectura destacada para estes fríos días de inverno é O segredo de Avó Oso, unha fermosa obra con texto de Pedro Mañas e ilustracións de Zuzanna Celej. Nela, Mamá Corvo atópase no bosque con Avó Oso, que interrompeu o seu letargo invernal, incapaz de lembrar onde agochou un segredo que parece non estar en ningures.

Enlaces de interese:
O segredo de Avó Oso no catálogo de «Libros para soñar»
Páxina web de Pedro Mañas
Páxina web de Zuzanna Celej

O Nadal de Ernesto e Celestina

Nestas datas tan especiais recomendamos O Nadal de Ernesto e Celestina, unha obra de Gabrielle Vincent, autora da serie na que tamén podemos ler Ernesto e Celestina, músicos da rúa e Ernesto e Celestina perderon a Simeón. Nesta entrañable historia, a ratiña quere celebrar unha festa de Nadal, mais o oso non está moi de acordo coa idea porque non teñen cartos. Poderá finalmente Celestina convencer o seu amigo?

Enlaces de interese:
O Nadal de Ernesto e Celestina no catálogo de «Libros para soñar»
Web da Fundación Monique Martin