Contos contados

Contos contados

Bea Campos - O poliño da abeleira

Bea Campos nárranos O poliño da abeleira, unha adaptación do conto popular de Antonio Rubio ilustrada por Gabriel Pacheco.

Un día, un poliño que estaba debaixo dunha abeleira tragou unha abelá a pesar das advertencias da súa nai, quen terá que ir correndo na procura de axuda para salvalo...

Enlaces de interese:

O poliño da abeleira no catálogo de Kalandraka


Xosé Ballesteros - O coelliño branco

A nova sección «Contos contados» estréase con Xosé Ballesteros, quen nos relata O coelliño branco, unha adaptación a partir do conto popular portugués con ilustracións de Óscar Villán.

Cando o coelliño ía coller coles á horta para facer un caldiño, a cabra cabraza entrou na súa casa e deixouno fóra. Poderá este recuperar o seu fogar?

Enlaces de interese:

O coelliño branco no catálogo de Kalandraka