Contos contados

Contos contados

Ana Abelenda - P de papá

Ana Abelenda conta P de papá, unha obra de Isabel Minhós Martins con ilustracións de Bernando Carvalho.

Este libro cheo de tenrura achégase á relación de complicidade que existe entre un pai e o seu fillo, na que os coidados, o afecto e diversión teñen unha grande importancia. Ademais, a obra convida o lector a descubrir cada escena a través dos seus sinxelos deseños.

Enlaces de interese:

P de papá no catálogo de Kalandraka

Bea Campos - Animais

Bea Campos comparte a lectura de Animais, un conto de Antonio Rubio con ilustracións de Óscar Villán que forma parte da colección Do berce á lúa.

O caracol, o elefante, a tartaruga e todos os simpáticos animais que protagonizan esta obra de pictogramas poéticos convídannos a gozar da rima e da melodía.

Enlaces de interese:
Animais no catálogo de Kalandraka