Contos contados

Contos contados

Olalla González - Garavanciño

Garavanciño é un conto popular que narra as aventuras dun neno tan diminuto coma un garavanzo que, a pesar do seu pequeno tamaño, se ofrece para facer todo tipo de recados.

Acompañados por unhas axudantes moi especiais, a adaptadora Olalla González relata esta obra e o ilustrador Marc Taeger comparte con nós un divertido debuxo.

Enlaces de interese:
Garavanciño no catálogo de Kalandraka

Loli Blanco - A cebra Camila

Loli Blanco narra a historia de A cebra Camila, unha obra con texto de Marisa Núñez e ilustracións de Óscar Villán.

Unha vez, a pequena cebra Camila saíu da súa casa para dar un paseo, mais o vento soprou tan forte que lle levou sete raias do seu vestido. Poderá conseguir as listas que lle faltan e volver estar feliz?

Enlaces de interese:

A cebra Camila no catálogo de Kalandraka