Contos contados

Contos contados

Tamara Campos - Polo Camiño

A educadora infantil Tamara Campos recita Polo camiño, unha obra destinada a pre-lectores e primeiros lectores con texto e ilustracións de Mariana Ruiz Johnson.

Este poema-canción, perfecto para ler antes de durmir, está protagonizado por unha serie de divertidos animais que van marchando do 1 ao 10. Cara a onde se dirixirán?

Enlaces de interese:

Polo camiño no catálogo de Kalandraka

Loli Blanco e Helena García - O pirata valente / El pirata valent

O pirata valente é un conto con texto de Ricardo Alcántara e ilustracións de Gusti no que o pequeno Brais,  a través da súa imaxinación, se converte no pirata máis intrépido dos sete mares ata que a súa nai o chama para merendar.

Loli Blanco nárranos esta trepidante historia en galego, mentres que Helena García relata a súa versión en catalán. 

Enlaces de interese:

O pirata valente no catálogo de Kalandraka