Contos contados

Contos contados

Versos e viceversos - Día da poesía

En conmemoración do Día da Poesía, compartimos os Versos e viceversos de Antonio García Teijeiro e Juan Carlos Martín Ramos, un diálogo poético a dúas voces ilustrado por Juan Ramón Alonso.

Ambos os autores recitan os seus versos, que van e veñen como as ondas do mar, acompañados da musicalización realizada por Lurdes Sánchez.

Enlaces de interese:

Versos e viceversos no catálogo de Kalandraka


Ana Abelenda - P de papá

Ana Abelenda conta P de papá, unha obra de Isabel Minhós Martins con ilustracións de Bernando Carvalho.

Este libro cheo de tenrura achégase á relación de complicidade que existe entre un pai e o seu fillo, na que os coidados, o afecto e diversión teñen unha grande importancia. Ademais, a obra convida o lector a descubrir cada escena a través dos seus sinxelos deseños.

Enlaces de interese:

P de papá no catálogo de Kalandraka