Contos contados

Contos contados

Loli Blanco e Helena García - O pirata valente / El pirata valent

O pirata valente é un conto con texto de Ricardo Alcántara e ilustracións de Gusti no que o pequeno Brais,  a través da súa imaxinación, se converte no pirata máis intrépido dos sete mares ata que a súa nai o chama para merendar.

Loli Blanco nárranos esta trepidante historia en galego, mentres que Helena García relata a súa versión en catalán. 

Enlaces de interese:

O pirata valente no catálogo de Kalandraka




Olalla González - Garavanciño

Garavanciño é un conto popular que narra as aventuras dun neno tan diminuto coma un garavanzo que, a pesar do seu pequeno tamaño, se ofrece para facer todo tipo de recados.

Acompañados por unhas axudantes moi especiais, a adaptadora Olalla González relata esta obra e o ilustrador Marc Taeger comparte con nós un divertido debuxo.

Enlaces de interese:
Garavanciño no catálogo de Kalandraka