Contos contados

Contos contados

Paco Nogueiras - Quen é ese becho?

Paco Nogueiras comparte unha divertida versión musicada de Quen é ese becho?, unha obra con texto e ilustracións de Carmen Queralt.

Neste libro destinado a pre-lectores e primeiros lectores, é posible descubrir unha gran cantidade de simpáticos e curiosos bechos que posúen tamaños, formas e aparencias moi diferentes. Anímaste a coñecelos?

Enlaces de interese:
Quen é ese becho? no catálogo de Kalandraka

Xosé Ballesteros - Os tres porquiños

Para celebrar o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, Xosé Ballesteros narra a historia de Os tres porquiños, unha adaptación do conto popular con ilustracións de Marco Somà.

Tres porquiños foron vivir ao bosque e construíron cada un unha casa: unha de palla, unha de madeira e outra de pedra. Todo ía ben ata que apareceu por alí un lobo feroz, que estaba moi famento. Como os porquiños non lle abrían a porta, este soprou e soprou tanto que derrubou as dúas primeiras casas. Estarán a salvo os tres irmáns na casa de pedra?

Enlaces de interese:

Os tres porquiños no catálogo de Kalandraka