Contos contados

Contos contados

Sandra Senra - Rosa caramelo

A libreira Sandra Senra conta Rosa caramelo, unha das obras máis emblemáticas de Adela Turin e Nella Bosnia, que contribúe a por en valor o rol feminino na sociedade, combater os estereotipos sexistas e fomentar a igualdade.

Na manda de Margarita, todas as pequenas elefantas viven illadas nun recinto e aliméntanse unicamente de flores para que a súa pel luza de cor rosa caramelo. Ela, en cambio, prefire poder facer o mesmo que os machos e correr libre pola sabana. Conseguirá mostrarlles ás súas compañeiras que é posible ser iguais?

Enlaces de interese:
Rosa caramelo no catálogo de Kalandraka

Paco Nogueiras - O pequeno Indio