Sen fronteiras

Internacional

Celebrating 30 years of Willy the Wimp with Anthony Browne

Subtítulos opcionais: castelán
O escritor e ilustrador británico Anthony Browne é o creador do famoso chimpancé Willy, protagonista dunha serie de contos que leva xa máis de 30 anos divertindo os máis pequenos. O autor, que comezou a debuxar primates durante a súa etapa como deseñador de tarxetas de felicitación, ten publicado moitos libros na súa longa e recoñecida traxectoria que repasa neste vídeo, rodeado das súas ilustracións, cheas de detalles e colorido.

Enlaces de interese:
Biografía e libros de Anthony Browne no catálogo de Kalandraka
Páxina web de Anthony Browne

In the studio with Helen Oxenbury

Subtítulos opcionais: castelán

A afamada autora e ilustradora británica Helen Oxenbury abre as portas do seu acolledor estudio, onde traballa rodeada de libros e bosquexos, recordos e obxectos da súa vida cotiá. Unha vida dedicada aos álbums infantís dende que en 1964 casou co ilustrador John Burningham (1936-2019). O seu proceso de traballo a partir do texto, as súas fontes de inspiración e as obras máis destacadas da súa longa e exitosa traxectoria centran este valioso testemuño: un referente tanto para as moitas xeracións de nenas e nenos que medraron coas súas obras, como para os artistas que aprecian a exquisited das súas acuarelas e debuxos.


Enlaces de interese:

Biografía e libros de Helen Oxenbury no catálogo de Kalandraka