Dúas Olladas

Encontros de autor e ilustrador

Un máis

Subtítulos opcionais: castelán
A autora Olalla González e o ilustrador Marc Taeger conversan sobre a súa obra conxunta, Un máis, que vén de ser galardoado co XV Premio Sarmiento de Literatura Infantil. Trátase dun conto familiar protagonizado por un pequeno coello que vive con entusiasmo a chegada dun novo membro á familia. Os seus creadores explican que a historia -protagonizada polos animais que habitan no bosque- xurdiu da sorprendente reacción da súa filla maior ao decatarse de que ía ter unha irmá. As propias nenas, ademais, son protagonistas nas presentacións do libro.


Enlaces de interese :
Un máis no catálogo de «Libros para soñar»
Ficha de Olalla González
Ficha de Marc Taeger

Web de Marc Taeger

Cando Martiño tivo ganas de mexar na Noite de Reis

Subtítulos opcionais: castelán
Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis é un atípico conto de Nadal que nos amosa a particular visión dun neno sobre ese acontecemento tan especial.  

Neste vídeo, Chema Heras e Kiko da Silva, o autor e o ilustrador do conto, conversan sobre a súa creación, que leva xa 19 anos nas librarías. Explícannos a orixe do historia e fálannos do valor da «lectura da imaxe» que este posúe e da súa importancia para os máis cativos. Ademais, cóntannos algúns detalles sobre o proceso de creación da obra e revélannos outras curiosidades deste álbum ilustrado que todos os Nadais chega sempre para facer sorrir a lectores pequenos e grandes.

Enlaces de interese:
Cando Martiño tivo ganas de mexar na Noite de Reis no catálogo de «Libros para soñar»
Ficha de Chema Heras
Ficha de Kiko da Silva
Web oficial de Kiko da Silva