Dúas Olladas

Encontros de autor e ilustrador

Cando Martiño tivo ganas de mexar na Noite de Reis

Subtítulos opcionais: castelán
Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis é un atípico conto de Nadal que nos amosa a particular visión dun neno sobre ese acontecemento tan especial.  

Neste vídeo, Chema Heras e Kiko da Silva, o autor e o ilustrador do conto, conversan sobre a súa creación, que leva xa 19 anos nas librarías. Explícannos a orixe do historia e fálannos do valor da «lectura da imaxe» que este posúe e da súa importancia para os máis cativos. Ademais, cóntannos algúns detalles sobre o proceso de creación da obra e revélannos outras curiosidades deste álbum ilustrado que todos os Nadais chega sempre para facer sorrir a lectores pequenos e grandes.

Enlaces de interese:
Cando Martiño tivo ganas de mexar na Noite de Reis no catálogo de «Libros para soñar»
Ficha de Chema Heras
Ficha de Kiko da Silva
Web oficial de Kiko da Silva



O pirata Pata de Lata

Subtítulos opcionais: castelán
O pirata Pata de Lata é un relato rimado que conta as aventuras dun bucaneiro que percorre o mundo en busca de pelexa.

O autor da historia, Oli, e o seu ilustrador, Ramón Trigo, suben a bordo de KTV para falar da súa creación. Conversan sobre as razóns polas que o libro mantén a súa vixencia despois de 20 anos e sobre a orixe e motivación deste relato. Alén diso, aprendemos máis das ilustracións e das técnicas con que se realizaron e descubrimos tamén algún que outro «vello tesouro», que nos axudará a coñecer a fondo as aventuras deste pirata que continúa a atraer aos máis pequenos xeración tras xeración.

Enlaces de interese:
O pirata Pata de Lata no catálogo de «Libros para soñar»
Ficha de Oli 
Web oficial de Oli
Ficha de Ramón Trigo
Web oficial de Ramón Trigo