Booktrailers

Libro avances

O pequeno indio - Booktrailer

Ninguén coma o pequeno Brais rastrexa, corre e manexa mellor o arco e as frechas. Só a voz atronadora da mamá é capaz de borrar dun plumazo as súas aventuras no lonxano Oeste. Imaxinación, xogo e humor asegurados neste clásico de Ricardo Alcántara ilustrado por Gusti.

Enlaces de interese:
O pequeno indio no catálogo de Kalandraka

O Lobo de Area - Booktrailer

Moitas nenas e nenos identificaranse con Zackarina. Moitos pais e nais veranse tamén reflectidos. Na súa ausencia, o Lobo de Area resposta ás inquedanzas que os adultos non atenden. Un relato tan real (e tan imaxinario) como a vida mesma, con texto da premiada Åsa Lind e ilustracións de María Elina Méndez.

Enlaces de interese:
O Lobo de Area no catálogo de Kalandraka
Ficha de Åsa Lind

Ficha de María Elina Méndez