Actualidade

Novas destacadas

1 Ano + 100 vídeos

Cantas entrevistas con autoras e autores! Cantas visitas a librarías, bibliotecas, escolas! Cantas recomendacións de lectura! KALANDRAKA TV vén de cumprir un ano de emisión: 100 vídeos achegando a Literatura Infantil e Xuvenil a familias, docentes, mediadores... Moitas grazas a quen colaborou para facelo posible e a quen se asomou a www.kalandraka.tv

FICBUEU 2019

KALANDRAKA TV participou na entrega de premios do Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu, un espazo orientado á difusión da cultura cinematográfica en formato curto que conta cunha sección especial para os centros de ensino galegos. Nesta duodécima edición presentáronse preto de cen curtas escolares. As obras gañadoras, que se proxectaron na gran pantalla, recibiron material audiovisual e lotes de libros.


Enlaces de interese:
Web do FICBUEU