Actualidade

Novas destacadas

XIX Campaña Municipal de Animación á Lectura

Ata o 3 de maio, o Centro Abanca Obra Social na Praza de Cervantes, en Santiago de Compostela, acolle a XIX Campaña Municipal de Animación á Lectura, organizada polo Departamento de Educación e Cidadanía do Concello, co lema “Cándido e dez premios máis”. A programación abrangue actividades para escolares, educadores e familias no marco dunha gran exposición das obras galardoadas co Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado.

Día Mundial da Poesía

Subtítulos opcionais: galego, castelán

Para darlle a benvida á primavera e celebrar o Día Mundial da Poesía presentamos tres fermosas obras poéticas en éuscaro, galego e castelán: Xomorropoemak, de Leire Bilbao e Maite Mutuberria, Premio Euskadi 2017, vén de ser publicado como BichopoemasCara de velocidade, de Marga Tojo, con ilustracións de María Hergueta, gañou o X Premio Cidade de Orihuela; e ¡A la luna, a las dos y a las tres!, de Nieves García, ilustrado por Noemí Villamuza, é a obra distinguida na recente edición do certame.