Actualidade

Novas destacadas

Ernest & Celestine, Cuentos de invierno - Tráiler da película

Subtítulos opcionais: galego

O pasado 5 de decembro estreouse nos cinemas o filme Ernest & Celestine, Cuentos de invierno, unha adaptación dos contos creados por Gabrielle Vincent, co oso Ernesto e coa ratiña Celestina como protagonistas dunha chea de aventuras. Pertencen a esta serie títulos como O Nadal de Ernesto e Celestina, Ernesto e Celestina perderon a Simeón e Ernesto e Celestina, músicos da rúa. Nesta animación os dous amigos prepáranse para a chegada do inverno. A película -dispoñible en castelán e catalán- chega á gran pantalla da man da distribuidora Rita & Luca Films.

Enlaces de interese:

O Nadal de Ernesto e Celestina no catálogo de «Libros para soñar»

Ernesto e Celestina perderon a Simeón no catálogo de «Libros para soñar»
Ernesto e Celestina, músicos da rúa no catálogo de «Libros para soñar»
Web de Rita & Luca Films
Web da fundación Monique Martin

Culturgal, Feira das Industrias Culturais de Galicia 2018

Culturgal vén de pechar as portas da súa undécima edición en Pontevedra. A Feira das Industrias Culturais de Galicia reuniu empresas do sector do libro, da creación e da produción escénica e musical, da artesanía e das artes plásticas, presentando ante o público o máis recente da súa produción.

O stand de Kalandraka en Culturgal ambientouse coas ilustración do Premio Compostela “Cándido e os demáis”, de Fran Pintadera e Christian Inaraja. Entre as novidades destacou “Man de Camelle”, da pintora Carmen Hermo. que presentou o seu libro na compaña do crítico de arte e autor do limiar da obra, Antón Castro.

Outras presentacións foron as das coleccións Narrativa K e Vitamina N, esta última co seu coordinador e autor de “A Torre”, Antonio Sandoval, entrevistado polo crítico literario Ramón Rozas.

Polo stand de Kalandraka tamén pasaron escritores como Francisco Fernández Naval, autor de “Os contos da Avoa Pepa” e o grupo Migallas Teatro, que asinou exemplares dos libro-discos “Canta connosco” e “Pan de millo”.

A axenda de actividade de Kalandraka en Culturgal completouse cun obradoiro de creación audiovisual no que nenas e nenos convertéronse en técnicos e reporteiros de Kalandraka Televisión manexando a cámara e recomendando os seus libros preferidos. Os adultos tiveron tamén o seu propio achegamento a esta nova canle de televisión dixital sobre literatura infantil e xuvenil, percorrendo as distintas seccións da web.