Actualidade

Novas destacadas

FICBUEU 2019

KALANDRAKA TV participou na entrega de premios do Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu, un espazo orientado á difusión da cultura cinematográfica en formato curto que conta cunha sección especial para os centros de ensino galegos. Nesta duodécima edición presentáronse preto de cen curtas escolares. As obras gañadoras, que se proxectaron na gran pantalla, recibiron material audiovisual e lotes de libros.


Enlaces de interese:
Web do FICBUEU  

XII Premio Compostela de Álbum Ilustrado

“O can Mimo”, da autora e ilustradora húngara Mariann Máray, gañou o XII Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado entre os case 300 traballos presentados dende 24 países. O certame, organizado polo Departamento de Educación e Cidadanía do Concello de Santiago e por Kalandraka, ten unha dotación de 9.000 euros e conleva a publicación da obra nas cinco linguas peninsulares. O xurado tamén recomendou a publicación do proxecto elixido como finalista, “Atrapamiradas”, de Marina Núñez Monterroso e Avi Ofer, de Barcelona.

Blog K - XII Premio Compostela de Álbum Ilustrado