Actualidade

Novas destacadas

Bologna Children´s Book Fair

Entre o 1 e 4 de abril celebrouse a 56ª edición da Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña, con Suíza como país convidado. Editoriais, autores, artistas e outros profesionais do ámbito do libro e da lectura citáronse neste gran foro anual, no que se levaron a cabo todo tipo de actividades ao redor da literatura infantil e xuvenil.

Enlaces de interese:
Páxina web da Bologna Children´s Book Fair
A Feira de Boloña, no Blog K


XIX Campaña Municipal de Animación á Lectura

Ata o 3 de maio, o Centro Abanca Obra Social na Praza de Cervantes, en Santiago de Compostela, acolle a XIX Campaña Municipal de Animación á Lectura, organizada polo Departamento de Educación e Cidadanía do Concello, co lema “Cándido e dez premios máis”. A programación abrangue actividades para escolares, educadores e familias no marco dunha gran exposición das obras galardoadas co Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado.