Actualidade

Novas destacadas

Exposición de Ana Juan

No Pazo da Cultura de Pontevedra permanece aberta ata o 24 de febreiro a exposición «Ana Juan. Debuxando ao alén», unha mostra organizada por Acción Cultural Española na que é posible observar as ilustracións das obras Snowhite e Otra vuelta de tuerca. Ademais, o percorrido complétase coa aventura gráfica interactiva «Etharland», desenvolvida con tecnoloxía de realidade aumentada, que permite ter outra visión das creacións desta ilustradora.

Enlaces de interese:
Páxina web de Ana Juan
«Ana Juan. Debuxando ao alén» na páxina web de Acción Cultural Española



Feliz 2019

As cámaras de KALANDRAKA TV visitaron librarías e bibliotecas, compartiron connosco Libros para Soñar e outras lecturas, conversaron coas autoras e autores, amosáronnos os talleres dos artistas, viaxaron ás feiras internacionais… e recolleron moitos momentos do mellor deste 2018 no eido da literatura infantil e xuvenil. Grazas por seguirnos e feliz 2019!