Actualidade

Novas destacadas

Exposición «De la cuna a la luna» na BPM "Rafael Alberti"

O poeta Antonio Rubio, autor da colección Do berce á lúa, visitou a Biblioteca Pública Municipal Rafael Alberti, en Camas, Sevilla.
Alí asistiu á inauguración da exposición e compartiu contos e cantos cos presentes.
A visita do autor completouse cunha sesión de contos na libraría Rayuela, Sevilla.
Convidámosvos a “Educar o ollo e adozar o oído” con esta fermosa exposición.

Entrega do XII Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado

A ilustradora húngara Mariann Máray vén de recibir o duodécimo Premio Internacional Compostela de Álbum ilustrado, convocado polo Departamento de Educación do Concello de Santiago, pola obra O can de Milu, editada por Kalandraka en sete linguas.