Actualidade

Novas destacadas

Día Mundial da Poesía

Subtítulos opcionais: galego, castelán

Para darlle a benvida á primavera e celebrar o Día Mundial da Poesía presentamos tres fermosas obras poéticas en éuscaro, galego e castelán: Xomorropoemak, de Leire Bilbao e Maite Mutuberria, Premio Euskadi 2017, vén de ser publicado como BichopoemasCara de velocidade, de Marga Tojo, con ilustracións de María Hergueta, gañou o X Premio Cidade de Orihuela; e ¡A la luna, a las dos y a las tres!, de Nieves García, ilustrado por Noemí Villamuza, é a obra distinguida na recente edición do certame. 

Convocatoria do XII Premio Compostela de Álbum Ilustrado

O Departamento de Educación e Cidadanía do Concello de Santiago de Compostela, en colaboración con Kalandraka Editora, e no marco da súa XIX Campaña de Animación á Lectura, convoca o XII Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados.

Con máis de 3000 proxectos presentados dende a primeira edición, este certame consolidouse como un dos premios de creación máis importantes, e varias figuras emblemáticas de LIX teñen formado parte do xurado. As obras galardoadas conforman unha colección diversa canto a temáticas, procedencias, estilos e técnicas. 

Enlaces de interese:
Convocatoria do XII Premio Internacional Compostela na web de Kalandraka Editora