Actualidade

Novas destacadas

18 aniversario de Libros para soñar

O Día do Libro cumpría 18 anos a libraría Libros para soñar de Vigo, un espazo especializado en Literatura Infantil e Xuvenil que destaca por ofrecer unha ampla oferta de actividades de animación á lectura. A festa celebrouse na habitual sesión de contacontos dos venres, coa participación de Paco Nogueiras. Non faltou a torta de aniversario coas velas que as libreiras, Carmela e Sandra, sopraron coa axuda de todas as nenas e nenos que as acompañaron nesa xornada tan especial. Moitos parabéns! Longa vida a Libros para soñar!

Enlaces de interese:
Blog de Libros para soñar
Libros para soñar en Facebook


Bologna Children´s Book Fair

Entre o 1 e 4 de abril celebrouse a 56ª edición da Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña, con Suíza como país convidado. Editoriais, autores, artistas e outros profesionais do ámbito do libro e da lectura citáronse neste gran foro anual, no que se levaron a cabo todo tipo de actividades ao redor da literatura infantil e xuvenil.

Enlaces de interese:
Páxina web da Bologna Children´s Book Fair
A Feira de Boloña, no Blog K