Nenas e nenos

Recomendacións dos máis pequenos

Recomendación de Gabi: Os esqueletos divertidos

A Gabi encantoulle Os esqueletos divertidos, un clásico de Janet e Allan Ahlberg protagonizado por tres esqueletos que aproveitan un paseo nocturno para asustar xente. Unha obra de medo e de risa, perfecta para os máis pequenos no tempo do Samaín, e que ademais destaca porque a cuberta do libro brilla na escuridade.

Recomendación de Sara: Teño uns pés perfectos

Sara recoméndanos Teño uns pés perfectos, de María Solar e Gusti, un libro dentro doutro libro con sorprendentes descubertas sobre esta parte tan importante do noso corpo.