Nenas e nenos

Recomendacións dos máis pequenos

Recomendación de Jare - Artur e Clementina

Jare recomenda Artur e Clementina, un clásico de Adela Turin e Nella Bosnia que contribúe a pór en valor o rol feminino na sociedade, combater os estereotipos sexistas e fomentar a igualdade. Na relación destas tartarugas, Clementina non se sinte realizada, libre e feliz. En vez de tratala con respecto e comprensión, Artur subestímaa, ridiculízaa e sobrecárgaa de obxectos materiais. Esperta, Clementina! 

Recomendación de Gabi: Os esqueletos divertidos

A Gabi encantoulle Os esqueletos divertidos, un clásico de Janet e Allan Ahlberg protagonizado por tres esqueletos que aproveitan un paseo nocturno para asustar xente. Unha obra de medo e de risa, perfecta para os máis pequenos no tempo do Samaín, e que ademais destaca porque a cuberta do libro brilla na escuridade.