Profesionais

Recomendacións dos profesionais

Recomendacións de Ana Garralón, Ana Belén Herrera e Belén Sáez

Tres especialistas achégannos as súas propostas de lectura: Con Ana Garralón, da librería La Fabulosa, viaxamos ata México a través de El Chilangoscopio, de Javier Sáez Castán; Ana Belén Herrera, da Biblioteca Municipal Tres Cantos, recomenda Bajo el mismo cielo, de Britta Teckentrup, para descubrirmos as emocións; e Belén Sáez, do Espacio Kalandraka, recítanos dun xeito moi especial A mares, poemas de María Jesús Jabato ilustrados por Rocío Martínez.

Alejandra Camacho, libraría El Dragón Lector

Alejandra Camacho, da libraría El Dragón Lector, recomenda o libro Os esqueletos divertidos, de Janet e Allan Ahlberg, destacando a simpática historia e as coloridas ilustracións deste clásico.