Carnaval Literario do Centro Educativo Gençana

A sección «Experiencias Lectoras» estréase viaxando a Valencia para coñecer o Centro Educativo Gençana, unha escola diferente que destaca polo seu compromiso coa animación á lectura e polo seu método de ensino baseado en bibliotecas de aula. Nesta visita, KALANDRAKA TV puido descubrir o Carnaval Literario, un proxecto transversal que xira ao redor da literatura e que comprende numerosas actividades, como o gran desfile no que participa todo o alumnado.

Enlaces de interese:
Páxina web do Centro Educativo Gençana