Librarías

As librarías máis destacadas

Libraría Libros para soñar

Subtítulos opcionais: castelán
Libros para Soñar é unha libraría de Kalandraka especializada en literatura infantil e xuvenil que, dende 2001, vén sendo o referente para os máis pequenos no Casco Vello de Vigo. As súas libreiras falan das numerosas actividades que organizan neste espazo, ademais do labor de asesoramento a familias, docentes e mediadores, co fomento da lectura como un dos piares da libraría. Ademais de mostrarnos as seccións que ofrece, destacan a importancia de inculcar o amor pola lectura dende o berce. 

Enlaces de interese:
Web oficial da libraría Libros para soñar

Libraría Cartabón

Subtítulos opcionais: castelán
A libraría Cartabón, inaugurada en 1984 en Vigo, é un espazo que destaca polo seu gran fondo de libro en galego e pola súa oferta de actividades arredor da lectura. Conversamos cos seus experimentados libreiros, Gonzalo Pérez e Maribel Tato, que nos falan dos comezos da libraría, da súa vocación por este traballo e das actividades que alí levan a cabo.

Enlaces de interese:
Web oficial da libraría Cartabón
Canal Youtube da libraría Cartabón