Librarías

As librarías máis destacadas

Libraría La Fabulosa

Con Ana Garralón como anfitrioa, visitamos La Fabulosa, unha «libraría de editores» que conta cun amplo fondo de libro latinoamericano e que dispón dun espazo onde cada editorial pode expor o seu catálogo completo. Neste acolledor lugar tamén se realizan actividades relacionadas co libro e coa lectura, como contos por teléfono, obradoiros para mediadores e degustacións literarias.

Enlaces de interese:
Páxina web da libraría La Fabulosa

Libraría Cuccumeo

Subtítulos opcionais: italiano
A libraría Cuccumeo, en Florencia, é un espazo destinado aos máis pequenos que está tamén aberto aos adultos. Unha das súas libreiras, Teresa Porcella, conta como xurdiu a idea da libraría e explica as actividades que se desenvolven nela, nas que tamén participan autoras e autores de recoñecemento internacional. 

Enlaces de interese:
Web oficial da libraría Cuccumeo