Librarías

As librarías máis destacadas

Libraría Casa Anita

Subtítulos opcionais: castelán

A libraría Casa Anita, situada no barrio barcelonés de Gràcia, é un lugar de referencia en materia de literatura infantil e xuvenil. A súa libreira, Oblit Baseiria, destaca a especialización deste espazo no mundo da ilustración, fai fincapé no  seu labor de selección de obras para a venda ao público e  salienta as actividades que organiza cada ano ao redor do día de Sant Jordi.


Enlaces de interese:

Páxina web da libraría Casa Anita

Libraría Seijas

Subtítulos opcionais: castelán
A libraría Seijas, situada no centro de Pontevedra, é un referente en materia de álbum ilustrado. A familia de libreiros que a rexenta especializouse en libro infantil e xuvenil e destaca o seu labor de asistencia ao profesorado e de fomento da lectura a través de recomendacións personalizadas a cada cliente.

Enlaces de interese:
Páxina da libraría Seijas en Facebook