Librarías

As librarías máis destacadas

Libraría Gil

As libreiras Paz Gil e Mariola Campo presentan a Libraría Gil, un veterano espazo de referencia literaria e cultural na cidade de Santander que aspira a seguir medrando, na súa firme confianza no futuro do libro. Cunha atención especial ao álbum ilustrado, ofrece un servizo de asesoramento personalizado á clientela e destaca tamén polas numerosas actividades que realiza, como obradoiros, presentacións, encontros con autores e exposicións.


Enlaces de interese:
Páxina web da libraría Gil

Libraría Casa Anita

Subtítulos opcionais: castelán

A libraría Casa Anita, situada no barrio barcelonés de Gràcia, é un lugar de referencia en materia de literatura infantil e xuvenil. A súa libreira, Oblit Baseiria, destaca a especialización deste espazo no mundo da ilustración, fai fincapé no  seu labor de selección de obras para a venda ao público e  salienta as actividades que organiza cada ano ao redor do día de Sant Jordi.


Enlaces de interese:

Páxina web da libraría Casa Anita