Bibliotecas

Descubre as bibliotecas máis interesantes

Biblioteca delle Oblate


Subtítulos opcionais: castelán
A Biblioteca delle Oblate, situada no centro histórico de Florencia, posúe unha ampla sección dedicada á literatura infantil e xuvenil. A responsable desta área, Benedetta Cellai, describe as instalacións -cun deseño pensado á medida dos máis pequenos- e destaca a excepcional localización deste edificio emblemático. Tamén explica o importante labor de fomento do libro e da lectura que se desenvolve neste espazo.


Enlaces de interese:
Web oficial da Biblioteca delle Oblate
Páxina da Biblioteca delle Oblate en Facebook

 

Rede de Bibliotecas Municipais de Oleiros

Subtítulos opcionais: castelán
A Rede de Bibliotecas Municipais de Oleiros, conformada por sete bibliotecas, é a responsable de que nesta localidade coruñesa o número de libros por habitante sexa superior á media galega e á estatal. Conversamos neste vídeo con Luz Corral, a súa directora, quen nos conta os inicios das sete bibliotecas e nos informa da súa variada oferta de actividades de animación á lectura, motivo polo que recibiron o Premio Liber ao Fomento da Lectura en 2017. Ademais, fálanos do perfil de usuario das bibliotecas, da aportación á normalización lingüística que estas realizan, dos recoñecementos obtidos e do futuro destes espazos.

Enlaces de interese:
Web oficial da Rede de Bibliotecas Municipais de Oleiros