Bibliotecas

Descubre as bibliotecas máis interesantes

Bibliobús - Biblioteca Pública de Zamora

Desde 1981 os bibliobuses de Zamora percorren, a través dunha vintena de rutas, os pobos desa parte da chamada “España vaciada” para achegarlle os libros e a cultura á veciñanza. Lectoras e lectores de todas as idades confían en que “non acabe nunca” este valioso servizo, especialmente as nenas e os nenos, para quen o Bibliobús realiza un gran labor de animación á lectura. A actividade coordínase dende a Biblioteca Pública de Zamora, un espazo renovado e moderno que destaca pola súa importante sección de literatura infantil e xuvenil, e cunha clara vocación democratizadora e a prol da igualdade de oportunidades.

Enlaces de interese:
Páxina web da Biblioteca Pública de Zamora

Premio Liber 2018 - Rede de Bibliotecas Municipais de Las Rozas

A Rede de Bibliotecas Municipais de Las Rozas é un conxunto de tres bibliotecas que foi galardoado co Premio Liber 2018 polo seu labor de fomento da lectura. Alicia Orden e Carmen Serrano, as responsables da rede, destacan o gran número de usuarios que posúen estes espazos, poñen en valor as actividades destinadas a un público infantil que se realizan neles e salientan a responsabilidade que supón para elas a recepción deste premio.


Enlaces de interese:
Web das bibliotecas municipais de Las Rozas