Bibliotecas

Descubre as bibliotecas máis interesantes

Associació de Mestres Rosa Sensat

Subtítulos opcionais: castelán

Rosa Sensat é unha asociación fundada en 1965 por un grupo de mestres unidos polo interese común de mellorar a educación. A presidenta, Francina Martí, destaca o gran labor de formación do profesorado desenvolvido por esta veterana institución, inscrita nas bases dos movementos de renovación pedagóxica. A responsable da biblioteca, Amàlia Ramoneda, define este espazo como un lugar aberto onde todos os recursos están á disposición do público, e o coordinador da área de publicacións, Joan Portell, salienta a importancia da recuperación de obras «imprescindibles» da literatura infantil catalá.


Enlaces de interese:

Páxina web da Associació de Mestres Rosa Sensat

BPM Xosé Neira Vilas

Subtítulos opcionais: castelán
A biblioteca Xosé Neira Vilas, inaugurada no ano 2011 en Vigo, é un espazo público dirixido a toda a cidadanía que, polo seu labor de promoción lectora, dinamización cultural e colaboración con organizacións locais, se converteu nun lugar de referencia para a zona. Nesta visita á biblioteca, falamos cos seus bibliotecarios e bibliotecarias para aprendermos máis sobre este centro de información e comunicación, o seu crecemento e a súa función social, prestando especial atención ás numerosas actividades culturais e de formación para todos os públicos que nela se desenvolven.

Enlaces de interese:
Web oficial de BPM Xosé Neira Vilas
Blog da biblioteca Xosé Neira Vilas
Web do proxecto «Achegando culturas»
Web do proxecto «Recoméndoche un libro»