Atelier

Visita os talleres dos ilustradores

Marc Taeger

Marc Taeger, nado en Suíza, é un ilustrador, pintor, deseñador e escultor que estudou deseño gráfico e ilustración en Trier (Alemaña) e Barcelona e actualmente reside en Galicia. A súa obra expúxose por todo o mundo e foi galardoado co Premio Daniel Gil de Deseño Editorial 2005 polo traballo de ilustración en  A verdadeira historia de Carapuchiña. Facémoslle unha visita na que nos revela as súas influencias artísticas e nos informa das colaboracións que realizou, ademais de falarnos dos seus inicios no mundo da ilustración. Alén diso, explícanos o proceso de creación das súas obras e móstranos as diferentes técnicas que emprega.

Enlaces de interese:
Ficha de Marc Taeger
Web oficial de Marc Taeger

Kiko da Silva - PROXIMAMENTE

Moi pronto na sección Atelier conversaremos con Kiko da Silva, quen nos falará dos seus inicios no mundo da ilustración e nos mostrará os seus últimos proxectos.