Atelier

Visita os talleres dos ilustradores

Federico Fernández

Subtítulos opcionais: castelán
Federico Fernández é licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo na especialidade de Pintura e, entre outros galardóns, recibiu o 1.º Premio Nacional de Ilustración 2001 polo libro Onde perdeu Lúa a risa? Neste vídeo relata os seus comezos como debuxante e ilustrador, motivado polo seu compañeiro Óscar Villán. Ao mesmo tempo, realiza un pequeno percorrido pola súa obra, explica o proceso de creación e revélanos os seus referentes artísticos.

Enlaces de interese:
Ficha de Federico Fernández
Web oficial de Federico Fernández

Xosé Cobas

Subtítulos opcionais: castelán
Xosé Cobas, pintor, deseñador gráfico e ilustrador, deu cor a case douscentos libros e recibiu numerosas distincións polos seus traballos, ademais de ser incluído dúas veces na lista The White Ravens. Con el, descubrimos as súas orixes na pintura e o seu paso á ilustración, o seus métodos á hora de ilustrar e os elementos que sempre procura introducir nas súas obras. Fainos unha visita guiada no seu taller e revélanos as súas outras ocupacións e afeccións, alén da pintura.

Enlaces de interese:
Ficha de Xosé Cobas
Web oficial de Xosé Cobas