Atelier

Visita os talleres dos ilustradores

Gustavo A. Rosemffet - Gusti

Gustavo A. Rosemffet (Gusti) é un ilustrador e autor arxentino afincado en Barcelona cunha dilatada carreira artística. Varios galardóns, como o Premio Nacional de Ilustración que recibiu en 1990, dérono a coñecer internacionalmente. A natureza ten un gran protagonismo na súa obra, que tamén destaca pola inclusión das persoas con capacidades diferentes a través da arte.

Enlaces de interese:
Ficha de Gusti
Páxina web de Gusti

Arianna Papini

Subtítulos opcionais: castelán, català
A escritora, ilustradora e pintora Arianna Papini explica o seu traballo como arteterapeuta, destacando a importancia da esperanza e do lúdico para afrontar situacións difíciles. Tamén afonda no seu interese polo estudo da historia e da arte, reflexiona sobre a incorporación das novas tecnoloxías e explica que técnicas emprega nas súas obras. Ademais de lembrar os seus primeiros contactos co mundo da edición, valora que supuxo para a súa traxectoria ter recibido o Premio Andersen. 


Enlaces de interese:
Ficha de Arianna Papini
Web oficial de Arianna Papini